Cabeceira
Español · Galego · English
Locais de Hostelería · Que ver · Contacta
Avanzar sen perder de vista as cousas boas do pasado
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) inaugura unha nova etapa botando man dun vello lema: ...E para comer, Lugo. Pode parecer unha contradición, isto de irmandar o novo e o vello, pero estamos convencidos de que esa é a esencia do progreso: avanzar sen perder de vista as cousas boas do pasado.

Porque ...E para comer, Lugo continúa sendo un espléndido lema. Fai referencia a unha das grandes excelencias da nosa provincia: a gastronomía. E permite imaxinar todas as cousas boas que rodean o acto para comer: as viaxes, a compañía dos amigos, o coñecemento de novas persoas e novos lugares. Constitúe, sen dúbida, unha invitación a deixarse levar polo encanto de Lugo.

E cando dicimos LUGO queremos dicir TODA A PROVINCIA. Porque Lugo non é só a marabillosa cidade que lle serve de capital. Esténdese cara ao sur polas terras de Sarria e Lemos, elévase nas serras dos Ancares e O Courel, vólvese planicie inmensa no seu parte central e únese ao Cantábrico na fermosísima costa da Mariña.

Lugo preséntase deste xeito como un territorio repleto de contrastes e matices. Inclúe en si mesmo unha variedade inmensa de paisaxes que vai do litoral á alta montaña. Esta variedade faise visible no resto dos elementos que conforman a realidade da provincia: a gastronomía, a arquitectura e, como non podía ser menos, as xentes.

Lugo é, en definitiva, un pequeno mundo: un microcosmos. A provincia recibe cos brazos abertos a todos aqueles que desexen descubrila e gozala. Nós, os hostaleiros, faremos todos os esforzos para ser uns anfitrións á altura do lugar onde nos atopamos.

Lugo, provincia de infinitos matices




Home  · Álbum da provincia  · Que ver  · Locais de hostelería  · Directorio turístico  · Guía turística  · Revista hostelería  · Enlaces de interese  · Noticias  · Contacta  · Asociación de hostelería
... E para comer, Lugo · 2013 · ©
                                                                                                
Desenvolvemento: Transmedia Comunicación & Prensa

Xunta de Galicia
Valid XHTML 1.0 Transitional     CSS Válido